Saturday 06 de July de 2024

Carral pide colaboración á Xunta para afrontar o importante aumento da poboación


En breve sairán ao mercado as case 300 vivendas que quedaran paralizadas pola crise do 2008

Case 300 vivendas do centro urbano de Carral foron desbloqueadas recentemente pola Sareb, o que provocará a medio prazo un importante incremento da poboación neste municipio. Ante esta realidade, o alcalde ten solicitado á Xunta a construción dunha nova depuradora de fecais, xa que a actual leva anos obsoleta.

O Concello solicitará tamén á Xunta que se faga cargo do mantemento da rede de auga potable, que agora administra Emalcsa.

Estas vivendas foran vítimas da crise do 2008 e hai pouco tempo foron adquiridas por distintos promotores para rematar de construilas e sacalas ao mercado.